Facía moito tempo que non me atopaba con agasallos da natureza como iste, sobre todo tendo en conta que soen acontecer no campo e as sete da mañan(sera por iso claro...).O que pasa e que nos albergues non teñen horarios flexible para os peregrinos dormilones e claro non te queda máis remedio que facer camiño casi a oscuras, polo cedo e pola neboa..., Pasados os primeiros bostezos e cando a mente esta nese momento entre fusco e lusco é cando eu atopo os meus millores momentos, ainda a miña mente non comenzou a traballar pensando no canso que vou estar dentro dunhas horas nin o que deixei de facer onte, esta quietiña, como a min me gusta que este, non pensas en nada máis que en deixarte levar ,máis ben deixarte camiñar, e se encontras compañeiro de conversa ,as tuas verbas saen soas , sen buscalas, sen prisas...e claro de repente cando estas así as cousas suceden e te encontras con regalos como istes. Cando vin as gotiñas do rocio na tela de araña tiven unha sensación moi agradable,como si todo tivera un sentido....un universo onde todos estamos e onde todos temos unha misión, "ser"...
3 comentarios:
Canto tempo neno! lavarías as legañas coas gotiñas de auga para espertar... ja, ja
Jos Miguel, cada vez pos-me mais difícil escolher. Mais vale que já tinha uma escolhida :-)).
Bemvindo de volta.
Raquel
hola raqueliña, que ben, tas por eiquí,temos unha comida pendente
bicos
Publicar un comentario