domingo, 9 de noviembre de 2008

Turuleando con Maruxa



-Bos días
-Podo facerlle unha foto mentras recolle as castañas?
-Pode
-O outono leva retraso este ano
-Sí e as castañas non son boas, hai que pisalas para sacalas ,outros anos xa saian soas
-É o clima
-Agora todo e moi distinto, o clima, a xente..
- A xente vai en coche e perdese o millor..o camiño , non parabamos de turulear camiño da festa..xuntabamonos xovenes e maiores.
-Xa...ademáis ca tele a xente non se fala moito
-Non, antes ibamos levar as ovellas a pastar moi cedo, a neboa empapabanos pero en un cachiño xa estabamos secos, xogabamos a billarda, agora os nenos miran pa tele e non falan entre eles.
-Bueno, algunhas cousas estan millor.
-Sí
-¿Como se chama?
-Maruxa, son da veiga de Abaixo, é que hai outra Veiga de Arriba
-Eu chamome Miguel, gustoume falar con vostede, vou ata a festa da castaña en Folgoso
- Hoxe en día a xente non fala,senta ben facelo
-ata loguiño
-adeus

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Afinal o outono deu os seus frutos, castanhas, conversas.... dá gosto!
Um beijinho

Charlina dijo...

sempre dando conversa... bikos